Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

A Estrada abrirá aos compradores en breve o mercado dixital de comercio

Estes días están a rexistrar os locais os seus produtos para vendelos na rede

A Estrada. A plataforma de comercio en liña ou online da Estrada, MercaNaEstrada (www.mercanaestrada.gal), pretende abrirse ao público, ás persoas compradoras, nos vindeiros días. Durante este tempo os establecementos/comercios estiveron a rexistrarse e subir os seus produtos na plataforma, e agora que xa existe un número de tendas e xénero nelas que cumpren o mínimo esixido, estase a piques de poñer en marcha este mercado virtual, segundo informan desde o Concello pontevedrés.

Dende o departamento de Promoción Económica do Concello da Estrada, faise un chamamento a todos aqueles establecementos/comercios que aínda non se rexistraron, para que se animen a unirse a unha nova oportunidade de negocio e que pon en valor o comercio de proximidade do noso municipo. Fan especial fincapé, neste chamamento, aos produtores locais “que, dun xeito moi sinxelo, poden inserir os seus produtos en mercanaestrada.gal e facer desta plataforma en liña, o seu escaparate”.

Lembran que unha vez que un local se rexistra, terá que agardar á validación do departamento de Promoción Económica para poder comezar a operar. arca

24 nov 2020 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.