Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

da danza

    A Estrada. A maxia da danza envolveu este venres a alameda e o Teatro Principal da Estrada, que acolleron dous dos primeiros espectáculos de 6coreógrafas, unha iniciativa posta en marcha con motivo do Día Internacional da Danza 2022 por Paula Quintás e o Concello da Estrada, co apoio do Xacobeo 21-22 a través da Agadic, e que celebra a súa segunda edición.

    Este venres, na alameda, ás 20.00 tivo lugar SET, de Paula Quintas Cía. Trátase dunha peza multidisciplinar onde a danza contemporánea e a música en directo xogan un espazo compartido. Novos comportamentos e cinética social onde a protección é invisible como mediadora da distancia social. A través da tecnoloxía e os límites sociais SET propón un xogo interactivo ao público.

    Posteriormente, ás 21.00 no Principal veuse o espectáculo Pink Unicorns, de La Macana, que plantexa o reto de poñer en escena a un pai co seu fillo adolescente. O primeiro, un galego de orixe cubana que na súa amplia experiencia como bailarín nunca tivo que enfrontarse a un maior desafío que bailar cun compañeiro máis cercano. O segundo, un atlético e creativo rapaz de 14 anos, cheo de enerxía e de ganas de confrontar a súa perspectiva. s. e.

    30 abr 2022 / 01:00
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
    TEMAS
    Tema marcado como favorito
    Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.