Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

A Estrada organiza o Premio Alberte Quiñoi de álbum ilustrado

Estará dotado con 2.000 euros e a publicación da obra pola editorial Galaxia

A Estrada. O Concello de A Estrada vén de presentar un novo premio literario que se suma aos xa recoñecidos como o García Barros de novela, o Avelina Valladares de poesía, o Varela Buxán de Teatro, o Reimóndez Portela de xornalismo ou San Martiño de Normalización. Trátase do Premio Alberto Quiñoi de álbum ilustrado, dirixido, neste caso, o ámbito infantil.

O premio foi presentado onte polo concelleiro de Cultura, Juan Constenla, que subliñou que o galardón reinvindica tamén o legado de Manuel García Barros tomando o nome de un dos seus personaxes máis populares: Alberte Quiñoi. A iniciativa conta coa colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística e da editorial Galaxia e nace co propósito de potenciar a escrita literaria en galego, divulgar o legado de García Barros e fomentar a animación á lectura no ámbito da educación infantil.

Segundo as bases do galardón, as obras deberán estar escritas por un ou máis autores e contarán cunha extensión de entre 24 e 56 páxinas.

Establécese un premio único de 2.000 euros para o gañador ou gañadora, e de ser varios os autores, repartirase o diñeiro entres eles deforma equitativa. O álbum gañador será publicado por la editorial Galaxia. s.e.

09 ene 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.