Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

A Estrada terá sete paneis informativos dixitais no centro urbano

Tres empresas optan a executar o proxecto Smart Parking enmarcado na Edusi

A Estrada. Un total de tres empresas presentaron cadansúa proposta para acometer o proxecto Smart Parking na Estrada. Trátase dunha iniciativa financiada a través dos fondos europeos Edusi e que consiste na instalación de paneis informativos dixitais en sete puntos estratéxicos do centro urbano para ofrecer datos en tempo real sobre as prazas dispoñibles nas zonas de aparcamento habilitadas pola administración local.

O vindeiro luns, na reunión da Mesa de Contratación, valorarase a documentación presentada polas tres empresas para tratar de axilizar a adxudicación e o comezo da execución do proxecto, que saíu a licitación cun orzamento de 180.967 euros, segundo informou o Concello.

A iniciativa Smart Parking inclúe a instalación de sete paneis dixitais informativos: dous deles, tipo tótem, colocaranse na Praza da Feira e na Praza da Constitución e incluirán unha pantalla LED de 55 pulgadas, visible dende aproximadamente 10 metros de distancia. Os outros cinco paneis, tipo poste, ubicaranse en cada un dos principais accesos ao centro da Estrada e contarán cunha pantalla LED de 87 pulgadas, visible dende uns 30 metros de distancia.

Por outra banda, a Mesa de Contratación tamén avaliará a documentación das empresas que presentaron ofertas para o subministro e instalación do mobiliario urbano nas rúas Ulla, Calvo Sotelo, Justo Martínez e Serafín Pazo e nas prazas de Galicia e da Constitución, zonas nas que se están a executar obras para a súa humanización. arca

21 abr 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.