Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

A Estrada vai reducir nun
70 % a factura en electricidad

A Estrada. O goberno local vén de rematar os traballos de renovación do alumeado público nunha ducia de parroquias estradenses grazas á instalación de 3.000 luminarias LED cun investimento superior ao millón de euros. Segundo explicou o alcalde, Jose López Campos, a finalización destas actuacións, prevista para finais de ano, conlevará un “impacto económico sen precedentes ao poder reducir ata un 70 % o consumo eléctrico da Estrada”.

No que vai de ano xa se executaron practicamente a totalidade das obras en Ouzande, A Somoza, Tabeirós, Nigoi, Souto, Arca, Codeseda, Sabucedo, Liripio, Ribela, Parada e Guimarei. Na actualidade estase a traballar no alumeado de Lagartóns e Callobre e, ao mesmo tempo, están a levar a cabo o cambio de postes de madeira por outros novos de formigón. Ata agora xa se mudaron 400 apoios dos puntos de luz, e esta actuación continúa en Vinseiro e Cereixo.

O alcalde sinalou que a veciñanza do rural está a ter un “retorno moi positivo” con estes traballos e destacou o “esforzo que supón este proxecto”, no que o Concello está a investir 6,5 millóns. s. e.

17 may 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.