Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Agader apoia o labor de dinamización do GDR Ulla-Umia

Destinan 270.000 € para os proxectos da súa área de influencia na que está Caldas

Caldas. A directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader), Inés Santé, reuniuse con representantes do Grupo de Desenvolvemento Rural (GDR) Salnés-Ulla-Umia, que inclúe aos concellos da comarca de Caldas, aos que comunicou que a Xunta destinará case 270.000 euros deica o ano 2022 para apoiar o labor de dinamización que levan a cabo na súa área de influencia na provincia de Pontevedra.

En total, o Goberno galego distribuirá un total de 7,3 millóns de euros entre os 24 GDR galegos, para garantir o desenvolvemento de proxectos no rural nos próximos dous anos. Trátase de que poidan continuar implementando as súas respectivas estratexias nos distintos territorios mediante a selección de novas iniciativas que contribúan a acadar un maior grao de desenvolvemento das áreas rurais, dentro da medida Leader.

A maiores, mediante estas aportacións dáse cumprimento ao establecido polo Plan de Reactivación deseñado pola Consellería do Medio Rural, implicando estes grupos no impulso de accións dirixidas a sectores como o agroalimentario, o gandeiro, o forestal, o turístico, o ambiental ou o do pequeno comercio, explica Agader.

A xuntanza tamén serviu para tratar as posibilidades que ofrecen os instrumentos de mobilización contemplados na futura Lei de recuperación da terra agraria -recentemente rexistrada no Parlamento galego- para o desenvolvemento rural e a dinamización territorial. arca

19 ene 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.