Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Caldas pon en valor as augas, o centro histórico e o seu legado industrial

CALDAS DE REIS. Caldas de Reis presume de singularidade e aproveita os investimentos da Deputación para reforzarse como vila termal e patrimonial, poñendo en valor as súas augas, o centro histórico e o legado industrial da antiga fábrica da luz, en Segade. O deputado de Cooperación, Santos Héctor, e o alcalde, Juan Manuel Rey, visitaron as últimas actuacións financiadas en materia de pavimentación, saneamento e adquisición de terreos, cun importe de 315.000 euros. Estiveron acompañados de concelleiros/as, entre eles Manuel González, tamén deputado provincial. A visita comezou polas rúas Real e Carlos García Bayón, a carón da fonte das Burgas, para comprobar os resultados do novo saneamento separativo, que serve para evitar as filtracións da fonte pública. Investíronse 96.900 €. A continuación visitaron a pavimentación do Camiño Alto de Ribocias (San Clemente), que contou con 35.500 euros. Despois foron ata Segade de Arriba, onde se ampliou a rede de saneamento e abastecemento con outra achega de 150.500 euros. Finalmente, visitaron os terreos da antiga hidroeléctrica no salto do Umia, adquiridos cunha axuda provincial de 32.450 euros e onde se realizan traballos de restauración de camiños e muros. arca

14 abr 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.