Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Caldas presenta unha solución para ampliar o instituto Aquis Celenis

Aproveitarían toda a edificabilidade e non terían que expropiar
ou adquirir terreos

Caldas de Reis. O alcalde de Caldas de Reis, Juan Manuel Rey, informou esta semana por escrito á Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Cultura, Educación e Universidade da Xunta da solución atopada polo Concello para poder ampliar o IES Aquis Celenis de forma inmediata.

Nas reunións celebradas recentemente polo equipo de goberno coa arquitecta encargada de estudar a ampliación do Instituto Aquis Celenis, e co redactor do PXOM e os servizos técnicos de urbanismo do Concello, valorouse unha solución que permite a ampliación do centro educativo en altura de forma directa, aproveitando toda a edificabilidade dispoñible actualmente, sen necesidade de adquirir ou expropiar outros terreos colindantes que teñen outras problemáticas que demorarían a construción. Nesta solución, o instituto podería incrementar a superficie en 2.000 m2, ampliando nunha altura os volumes existentes actualmente.

Por iso, o alcalde de Caldas considera que o tema está desbloqueado e urxe á Xunta a rápida redacción do proxecto de ampliación e a consignación orzamentaria para a súa execución. Rey recorda que o proxecto deste instituto e a impartición no mesmo de ciclos de FP foi plantexado á Educación no ano 2018 con motivo da Semana da Ciencia Sabio Caldas. arca

27 sep 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.