Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Chega ata A Estrada o ciclo O País das Bandas

a estrada. O ciclo O País das Bandas, promovido pola Xunta e a Federación Galega de Bandas de Música Populares no marco da programación cultural do Xacobeo 21-22, chega o venres á Estrada, cun concerto da Unión Musical de Meaño. A actuación será na Praza da Feira ás 20.00 horas. A Unión Musical de Meaño ten a súa orixe nunha pequena formación musical creada en 1830 na parroquia de Xil, consolidada en 1890 como Banda de Música de Meaño. Xa no século XX, na década dos 60, a emigración provocou unha paréntese na actividade bandística ata o 1980, no que o Concello crea unha Escola de Música co obxectivo de refundar a banda. Cinco anos despois daría o seu primeiro concerto a nova agrupación. Baixo a batuta de Diego Javier Lorente, o repertorio previsto para o concerto inclúe as pezas 21 contrabandistes, Alborada galega, A lenda do bico e A concert celebration. Soarán tamén El Camino Real e Muiñeira dos Pendellos. arca

10 sep 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.