Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Concello e Deputación levan o saneamento ó núcleo de Ducio no municipio de Cuntis

Cuntis. A veciñanza do lugar de Ducio, na parroquia cuntense de Arcos, está a ver como se executa unha nova rede de saneamento grazas a unha achega de 152.600 euros do Plan Concellos 2019 da Deputación de Pontevedra. Os deputados provinciais Gregorio Agís e Manuel González interesáronse onte por esta mellora que se está a realizar no concello de Cuntis e quixeron coñecela de primeira man.

Na súa visita estiveron acompañados por Manuel Campos, alcalde do concello, e Conchi Campos, primeira tenente de alcalde. Gregorio Agís quixo poñer no foco a importancia que este tipo de actuacións ten tanto na calidade de vida dos veciños e veciñas do rural así como no medio ambiente. Tal e como matizou o deputado provincial “enterrar tubos son sempre obras que se ven pouco e que, ademais, teñen elevados custos, pero dan un servizo fundamental como é o saneamento”. Por iso, engadiu, é importante que tanto a Deputación como outras institucións colaboren.

Pola súa banda, o alcalde de Cuntis tamén puxo en valor o Plan Concellos, grazas ao que se vai levar a cabo este saneamento, e cualificouno como “unha ferramenta fundamental para o funcionamento do concello e a atención das necesidades que nos expresa a veciñanza”. O mandatario local apuntou que o concello ten máis do setenta por cento do seu territorio saneado e que hoxe en día está a facer obras de mellora neste aspecto, e lembrou que o canon que se aplica ao seu municipio polo saneamento “é 0”. arca

05 feb 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.