Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Concello e empresarios analizan os plans parciais para o polígono de Caldas

CALDAS DE REIS. O alcalde de Caldas de Reis, Juan Manuel Rey, mantivo nos últimos días diversas xuntanzas de traballo cos empresarios dos diferentes sectores urbanizables incluídos no Plan Especial de Infraestruturas e Dotacións (PEID) do polígono de Veigas de Almorzar, co obxecto de estudar e poñer en común os avances dos distintos plans parciais a acometer polos promotores empresariais para o desenvolvemento do parque empresarial. O rexedor destacou que a maioría dos plans xa están en fase de redacción por parte dos promotores privados en base ao PEID, que é o instrumento necesario para poder desenvolver todos os sectores da zona urbanizable do polígono, que son un total de 7 e alcanzan unha superficie a ordenar de 57 hectáreas. Rey fixo fincapé en que “existe un enorme interese por parte dos promotores en desenvolver os distintos plans parciais e incluso hai disposición de novas empresas por asentarse na zona de desenvolvemento urbanístico, cuestión que nos satisfai moito porque se traduce en maior actividade económica e emprego”. “Os diferentes proxectos están en fase de tramitación e dende o Concello estamos a disposición dos empresarios para facilitarlles toda a información e recursos”, dixo. s. e.

20 nov 2020 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.