Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Concurso e carteis para a Festa da Anguía de Valga

Valga. O Concello de Valga convoca, un ano máis, un concurso artístico para elixir o cartel anunciador da XXXI Festa da Anguía e Mostra da Caña do País, unha celebración que está declarada de Interese Turístico de Galicia.

Ao certame, que repartirá 450 euros en premios, poden concorrer alumnos dos colexios CEIP Plurilingüe Baño-Xanza e CEP Xesús Ferro Couselo, agrupados por aulas. Presentarán unha obra colectiva que faga referencia aos produtos postos en valor na festa: a anguía e a caña.

Non se establecen limitacións de técnicas, pero as obras deben axustarse á medida A3 (297 por 420 milímetros) e ter orientación vertical. Deben ser elaboradas sobre algún soporte bidimensional, como lenzo, cartolina, papel... Os orixinais levarán o escudo oficial do Concello de Valga e o texto XXXI Festa da Anguía e Mostra da Caña do País. Agosto 21, 22, 26, 27, 28 e 29, e deben identificarse cun lema ou cun pseudónimo.

O prazo para presentarse finliza o 30 de xuño e daranse tres premios de 200, 150 e 100 € en vales para a adquisición de material escolar. arca

20 jun 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.