Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Convocado
o premio de Xornalismo Reimóndez Portela

Ata o 6 de setembro pódense entregar os traballos, publicados antes do 31 de agosto

A Estrada. A Fundación de Exposicións e Congresos da Estrada vén de publicar as bases polas que se convoca a XXVII edición do Premio Xornalístico Manuel Reimóndez Portela. O premio outorgarase ao mellor traballo ou serie de traballos (ata un máximo de cinco), publicados en lingua galega, en calquera dos medios de comunicación escritos. A dotación económica é de 1.000 euros.

Segundo consta nas bases, ao Reimóndez Portela poderanse presentar traballos publicados ata o día 31 de agosto do 2022. O prazo de recepción rematará o día 6 de setembro. Os autores e autoras ou calquer lector poderá enviar un exemplar dos traballos publicados, no que conste a data de publicación, o/a autor/a e o medio, a sede da Fundación de Exposicións e Congresos da Estrada, Zona Deportiva s/n, 36680 A Estrada, Pontevedra; ou ao enderezo fecae@expoestrada.com.

O xurado cualificador estará integrado por membros do comité de seguimento do premio, actuando un deles como presidente/a e outro como secretario con voz pero sen voto. A resolución do xurado cualificador será inapelable e darase a coñecer no seu momento. O premio entregarase na data e lugar que oportunamente se anunciará. O xurado poderá declarar deserto o galardón.

Os orixinais non premiados poderán ser devoltos previa solicitude, nun prazo máximo de trinta días a partires da data do fallo. A organización do premio resérvase o dereito de publicación dos traballos premiados. s. e.

18 jul 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.