Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

De Valga a La Palma para prestar axuda xunto coa Cruz Vermella

A concelleira Begoña Piñeiro e unha veciña viaxaron á illa canaria como voluntarias

Valga. A concelleira de Benestar Social e Igualdade de Valga, Begoña Piñeiro, na súa condición de traballadora social atópase dende hai días en La Palma a onde se trasladou como voluntaria de Cruz Vermella para participar no dispositivo de emerxencia que esta organización ten despregado na illa para axudar aos afectados pola erupción do volcán Cumbre Vieja. A edila viaxou acompañada por outra veciña de Valga, Candita Rodríguez, tamén voluntaria en dita organización, e estarán realizando labores de cooperación.

Cruz Vermella ten despregada en La Palma unha rede asistencial para prestar axuda aos veciños que se viron afectados pola erupción, entre eles os máis de 6.000 evacuados dos seus fogares e persoas que se atopan en situación de emerxencia social despois de perder as súas vivendas e medios de vida.

As voluntarias da organización traballan sobre o terreo para dar cobertura ás necesidades básicas dos damnificados, habilitando zonas de aloxamento provisional ou acompañando aos veciños na retirada de enseres dos seus domicilios, entre outras accións. Ademais, ofrecen servizo de apoio psicolóxico e atención psicosocial a aquelas persoas afectadas emocionalmente polo desastre.

O goberno municipal afirma sentirse “orgulloso” do labor que estas dúas valguesas están a desenvolver nuns momentos tan difíciles para a illa de La Palma, un exemplo “da solidariedade que sempre caracterizou aos veciños de Valga”, indican. arca

11 oct 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.