Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Destinan 460.000 € a mellorar a seguridade viaria na EP-8501

Valga. A xunta de goberno da Deputación de Pontevedra vén de aprobar o expediente para contratar as obras de mellora da seguridade viaria e mobilidade peonil na EP-8501 Valga- Martores, no concello de Valga, unha actuación que ten un orzamento de 462.521 euros.

As obras, baixo o modelo de seguridade amable e segura da institución provincial, pretenden delimitar claramente a circulación do tráfico rodado e peonil nun tramo de preto de medio quilómetro, coa creación de espazos peonís seguros para os colectivos máis vulnerables, tendo en conta, como sinalou a presidenta Carmela Silva, que se trata dunha estrada moi importante “en canto ao seu tránsito peonil e tamén porque pola zona transcorre o Camiño de Santiago”. arca

10 may 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.