Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Educación rematou a mellora dos talleres do Antón Losada Diéguez

a estrada. A Consellería de Educación vén de acometer a modernización integral da zona de talleres do IES Plurilingüe Antón Losada Diéguez da Estrada coa execución dunha reforma completa na que se investiron 223.363 euros e que xa está lista para o seu uso durante o segundo trimestre do curso. A actuación pretende dotar de maior funcionalidade e confortabilidade a estas instalacións e adaptalas ás novas necesidades docentes, cunha reorganización dos espazos interiores, tanto nos vestiarios como nas aulas das naves 1 e 2, e coa reconstrución do altiño existente. Así mesmo, modificouse a posición do elevador e do sistema de aspiración do taller. Este recinto consta de tres naves, dúas das cales foron construídas hai case 40 anos e que presentan un bo estado malia certo deterioro nas instalacións e materiais polo paso do tempo e o uso. Nelas procedeuse, ademais de a reorganizar os 210 metros cadrados de superficie que posúe cada unha, a renovar todos os seus materiais, como acabados, falsos teitos, carpintería interior e exterior. Con motivo do remate dos traballos, a actuación foi supervisada polo xefe territorial de Educación en Pontevedra, César Pérez, e polo alcalde, José López Campos, que destacaron a importancia da obra. arca

21 ene 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.