Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Eliminan un punto de vertido en Vila de Cruces

Vila de Cruces. A Xunta eliminou un punto de vertido de augas residuais no lugar do Pazo, na parroquia de San Pedro de Losón, no concello de Vila de Cruces.

Segundo informou o organismo Augas de Galicia, os s técnicos do Plan de Control de Vertidos localizaron nunha inspección rutineira un atasco na rede de saneamento municipal que descorre pola citada zona, que producía un vertido por infiltración no terreo cara a un rego innominado próximo.

Augas de Galicia, unha vez realizada a avaliación correspondente deste foco, informou da situación ao Concello de Vila de Cruces para que adoptase as medidas oportunas para proceder á emenda desta deficiencia. Os inspectores constataron nunha visita recente a emenda deste punto, logo de que o Concello procedese ao desentullo da condución e limpeza da zona, quedando libre de vertido.

OBRAS NA CARIXA Por outra banda, a Deputación de Pontevedra vén de iniciar as obras de Mellora da mobilidade peonil na EP-6410 entre Bodaño e Merza ao seu paso pola área recreativa da Carixa en Vila de Cruces. A actuación, na que se investirán preto de cen mil euros, céntrase nun tramo de cen metros da estrada provincial, dando así resposta ás demandas de seguridade viaria da veciñanza e persoas usuarias da área recreativa, un espazo natural, recreativo e de lecer no que se dan cita numerosas persoas no verán. arca

29 nov 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.