Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Embelecen á area fluvial de Vilarello a través do obradoiro Ulla-Umia

vaLGA. O Obradoiro de Emprego Ulla-Umia V, que o Concello de Valga desenvolve conxuntamente con Moraña, avanza no desenvolvemento do seu programa formativo, tanto a nivel teórico coma práctico. Os aprendices da especialidade de forestais trasladáronse estes días á área fluvial de Vilarello para levar a cabo tarefas de acondicionamento e mellora da contorna. As actuacións centráronse no desbroce e limpeza e esparexemento empregando tanto desbrozadoras coma outras ferramentas de man. Os alumnos eliminaron tamén arbustos silvestres e acondicionaron os parterres, e realizaron podas selectivas e saneamento de árbores. Dende a posta en marcha do obradoiro, os participantes tamén realizaron actuacións de mantemento noutros espazos verdes coma a Mina Mecedes e o Parque Irmáns Dios Mosquera. s. e.

09 abr 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.