Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Merca-Valga amplía a campaña cunha edición especial para o Nadal

O obxectivo é seguir incentivando as compras sorteando dous vales de 500 €

Valga. O goberno municipal de Valga quere seguir apoiando aos establecementos comerciais nestes momentos de incerteza económica a consecuencia da pandemia da covid-19 e, por iso, decidiu ampliar a campaña Merca-Valga cunha edición especial para este Nadal. O obxectivo “é continuar incentivando as compras nos comercios da nosa vila nunha das épocas de maior consumo do ano e contribuír, así, á reactivación da economía local”, sinalan fontes municipais.

Entre os clientes das tendas e establecementos adheridos á campaña repartiranse papeletas numeradas para a realización de dous novos sorteos con premios de 500 euros en vales de compra. Os gañadores serán os portadores do boleto que coincida coas catro últimas cifras dos dous sorteos emblemáticos desta época: a Lotería de Nadal, que ten lugar o 22 de decembro, e o Sorteo do Neno, o 6 de xaneiro.

Os locais que xa están a participar na edición orixinal de Merca-Valga considéranse inscritos automáticamente na campaña de Nadal. Se algún deles quere darse de baixa pode facelo cubrindo unha ficha e entregándoa nas oficinas do Concello. Ademais, admítense novas inscricións de tendas e negocios da vila. O prazo para presentar as solicitudes remata o día 26 de novembro. arca

17 nov 2020 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.