Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Novo parque infantil no San Clemente de Caldas

CALDAS. O alcalde de Caldas de Reis, Juan Manuel Rey, inaugurou un novo parque infantil no CEIP Plurilingüe San Clemente de Cesar, no que o colexio, a ANPA e o propio Concello investiron 15.000 euros, ademais de contar co apoio dunha empresa local. Os xogos ocupan dúas áreas no patio do centro sobre un pavimento de caucho reciclado con resina de poliuretano. Na festa organizada polo colexio para inaugurar o novo equipamento, tanto a directora como as representantes de ANPA e do alumnado celebraron o esforzo municipal e de toda a comunidade educativa para dotar destas novas áreas de xogos infantís para o alumnado de primaria. Jacobo Pérez, concelleiro de Educación, sinalou que “malia non ser unha competencia municipal, o Concello implicouse neste investimento recollendo as demandas da ANPA e do propio colexio, do mesmo xeito que o fai noutros centros públicos para mellorar a oferta de servizos”. arca

06 abr 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.