Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

O polígono de Veigas de Almorzar non será sometido a avaliación

Medio Ambiente non prevé efectos na ordenación dos accesos do parque de Caldas

Caldas. A Consellería de Medio Ambiente vén de remitirlle ao Concello de Caldas de Reis a resolución pola que se formula o informe ambiental estratéxico relativo ao Plan Especial de Infraestruturas e Dotacións (PEID) para a aordenación dos accesos á estrada N-640 no polígono de Veigas de Almorzar. No documento resólvese non someter ao procedemento de avaliación ambiental estratéxica ordinaria o PEID “porque non se prevén efectos significativos sobre o medio ambiente”.

O informe conclúe que o plan “non presentará unha incidencia paisaxística negativa, toda vez que a contorna da estrada tópase moi antropizada, ocupada na maior parte por edificacións industriais e comerciais”. “Tampouco se prevén efectos sobre o patrimonio natural, ao non afectar a espazos e hábitats de interese. Ademais, a proposta contempla diferentes medidas como o axardinamento das glorietas ou a plantación de arborado autóctono nas beirarrúas, que favorecerán a integración da actuación coa contorna.

A ordenación prevista terá efectos positivos na mobilidade, ao mellorar as condicións de accesibilidade aos usos industriais e comerciais da contorna, así como na seguridade viaria e favorecerá a mobilidade peonil.

Este trámite supón un novo avance na execución do PEID, un proxecto que permitirá converter a principal zona industrial de Caldas nun polígono moderno, ben dotado e comunicado para a mellora e consolidación das empresas existentes. arca

13 abr 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.