Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Os pequenos de Valga participaron nun taller sobre conservas de mar

Valga. Fai clic ao teu bocata, unha actividade realizada en colaboración coa Consellería do Mar, chegou a Escola de Verán de Valga para promocionar o consumo de produtos do mar e incidir nos hábitos alimentarios saudables a través das conservas de peixe e marisco.

O obradoiro incluíu unha presentación na que os monitores fixeron fincapé na necesidade de incluír o peixe na dieta dos nenos e mozos, explicándolles que unha das alternativas é introducir nas merendas os bocadillos de conservas, posto que estes produtos envasados manteñen practicamente todas as propiedades nutricionais.

A través dun vídeo, os rapaces coñeceron como viven algúns dos animais mariños máis consumidos, coma a sardiña, o atún e o calamar. Explicáronlles que artes se utilizan para a súa pesca e como se transforman en conservas. O punto forte do taller chegou ao remate, cando puideron degustar bocadillos de sardiñas en conserva. c.G.

22 ago 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.