Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

“Reforma urbana, Camiño ou a Cultura Quente fixéronnos máis cosmopolitas”

Profesor de Química e Matemáticas xubilado hai apenas dous anos (polo que renunciou a cobrar o seu salario como alcalde) Juan Manuel Rey é alcalde-presidente do Concello Pontevedrés de Caldas de Reis desde o ano 2006. Anteriormente ocupou outros postos no consistorio e foi primeiro tenente de alcalde desde 1995.

Entre outros cargos nos seus 25 anos de actividade política, tamén foi diputado provincial entre 2003 e 2007 e presidente da Axencia de Desenvolvemento Rural Ulla-Umia entre os anos 1999 e 2006.

En canto a súa formación y traxectoria profesional, é licenciado en Ciencias Químicas pola Universidade de Santiago de Compostela e Máster en Planificación e Desenvolvemento Local pola Universidade de A Coruña. Foi profesor de Química e Matemáticas no ensino secundario en Caldas .

Impulsor de diversas iniciativas empresariais no ámbito da educación e da formación académica, ten ampla experiencia no sector do termalismo. Neste ámbito, o político foi promotor e partícipe en diversos proxectos europeos e nacionais de desenvolvemento territorial, económico e cultural.

O pasado martes, 12 de decembro, este profesor de Química xubilado celebraba os seus 14 anos ao fronte da alcaldía de Caldas de Reis, un pequeno concello ao que quere convertir en todo un referente de modernización e sostenibilidade neste século XXI.

A pesares das dificultades provocadas pola crise sanitaria, Rey afirmaba o martes que “os últimos meses foron especialmente bos”. Entre os motivos, indicou, “inauguramos a primeira Vía Verde de Galicia, unha infraestrutura que se recupera para desfrute veciñal e turístico grazas á que podemos dicir que recuperamos unha parte da nosa historia industrial”. “Tamén botamos a andar a mellor Escola Municipal de Música de Galicia, reformamos a praza de abastos e subvencionamos as restauracións inmobiliarias de máis de medio cento de veciños na Área de Rehabilitación Integral de Caldas, por onde discorre o Camiño de Santiago”. “Estas rehabilitacións aínda realzan máis o itinerario xacobeo como tamén o realza a recente restauración da Fonte das Palmeiras e as outras fontes históricas”, sinala.

Así, nunha entrevista concedida a este medio, Rey afirma continuar firmemente comprometido co concello e cos seus veciños e veciñas. “Temos un proxecto de futuro moi claro para a vila e quédanos por diante moito traballo, pero conto cun gran equipo e afrontamos os retos coa enerxía e a ilusión do primeiro día”.

¿Cómo definiría a Caldas actual co respecto á de hai 14 anos?

Considero que hai un incremento significativo da modernidade da vila, A reforma urbana, a recuperación do patrimonio, o Camiño ou o Cultura Quente, sen dúbida, fixéronnos máis cosmopolitas.

¿De que proxecto sente máis orgullo e cal segue a ser a súa asignatura pendente?

A última parte da pregunta é moi fácil de responder, o novo centro de saúde que ten que construír a Xunta de Galicia, esa é a asignatura pendente. Con respecto aos proxectos existen moitos, a aprobación do PXOM, a reforma urbana, a adquisición da finca da antiga central hidroeléctrica, o novo edificio da Escola Municipal de Música que estreamos esta semana, os saneamentos no rural, a nova Vía... pero, en realidade, do que máis orgulloso me sinto é de como manexamos as grande crises sen deixar a ninguén atrás, estou a falar de Clesa no seu momento, do centro ocupaciona do Saiar, ou da actual pandemia.

¿Cando presentarán o proxecto para a fábrica da luz. Están traballando xa nelo?

Precisamente estes días realizamos a selección dos alumnos do obradoiro de emprego que a partires do nadal desenvolverán, durante case un ano, a súa labor na recuperación e posta en valor deste espazo de enorme interese natural e paisaxístico. Temos depositadas grandes expectativas nese proxecto.

¿Logrou frear a caída da poboación nestes últimos anos? ¿Que medidas ten previstas o seu goberno para asentar poboación?

Por sorte e co traballo realizado para non deixar a ninguén atrás non se notou un baixón moi significativo, pero ao longo do vindeiro ano levaremos a cabo un proxecto de empadroamento importante, porque durante a pandemia detectamos un número importante de persoas que residen na vila pero non están censadas aquí.

¿Continúa a ser o sector do termalismo o principal activo turístico da villa? ¿Que inversións ten previstas para potencialo?

Hoxe por hoxe é o Camiño Portugués. Amais, a actividade cultural con Cultura Quente e Portamérica, o termalismo e o propio comercio e hostalaría son o mellor atractivo de Caldas e é isto o que permite que a nosa vila sexa un referente en canto ao turismo interior se refire.

Caldas está situada moi preto de tres grandes ciudades (Vigo, Pontevedra e Santiago) pero non parece que aproveiten moito esta circunstancia. ¿A que cree que é debido?

Por tratarse dunha vila tan ben comunicada temos durante o día traballandllando un importante número de llando persoas de fóra que nos lastra o número de habitantes do pobo.

2020 está a ser un mal ano dende o punto de vista sanitario e económico. Como está a afectar e que incidencia ten a COVID en Caldas? ¿Que medidas de apoio activou o seu goberno para os sectores máis afectados? ¿ Considera que hai coordinación entre as diferentes administracións para afrontar a pandemia?

Estanos a afectar case coma aos demais. É verdade que estamos nos perfís baixos pero iso pode cambiar dun momento para outro. En canto ás axudas estamos en contacto con todos os sectores sociais e particularmente satisfeitos cos traballos feitos nos colexios cos comerciantes e cos hostaleiros. A mellor noticia e que a día de hoxe somos dos poucos que non estivemos confinados.

Por último, gustaríame saber si hai que facer moita pedagoxía para contar durante 14 anos co apoio da veciñanza e si volverá a presentarse ás eleccións municipais.

Todo empeza e acaba coa mesma palabra: traballo. E de cara ao futuro toca seguir traballando.

20 dic 2020 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.