Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Rodríguez e Belo visitan o centro de día de Valga

Valga. O alcalde de Valga, José María Bello Maneiro, acompañou ao xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar da Xunta, Perfecto Rodríguez, nunha visita ao centro de día, na que tamén participaron a concelleira Carmen Gómez, un técnico da administración autonómica e o contratista das últimas obras executadas no centro, e que foron supervisadas polas autoridades para comprobar o resultado.

Nos últimos tempos desenvolvéronse proxectos para mellorar a accesibilidade do centro de día, dotándoo dunha saída de emerxencia e instalando un ascensor, neste caso grazas a un convenio de colaboración entre a Xunta e Concello, que cofinanciaron as obras. Tamén se levaron a cabo melloras no interior das instalacións, coa colocación de pavimento anti escorregadas e o pintado con pintura hixienizante. Ademáis, habilitaron zonas de almacén de víveres e de limpeza independentes, colocouse novo mobiliario e equipamento e acometéronse melloras de seguridade na saída ao balcón.

O xerente apuntou a importancia de manter esas instalacións en bo estado para os usuarios e usuarias. arca

05 ene 2023 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.