Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Sementeira no Camiño levou poesía e cine á praza de Pontecesures

O poeta local Cándido Duro tamén interveu neste programa incluído no Xacobeo 2021-22

Pontecesures. A praza de abastos do concello pontevedrés de Pontecesures convertiuse o pasado venres pola tarde nunha sala de cinema para acoller as proxeccións de Sementeira no Camiño, o programa cultural enmarcado dentro das celebracións do Xacobeo 2021-22, que remata esta fin de semana.

Na xornada de Pontecesures proxectouse o filme Al final del camino, unha comedia de Roberto Santiago, que narra a historia dun fotógrafo e unha xornalista que, a pesares de que se odian, deben pasar por parella para facer unha reportaxe sobre Olmo, gurú que resolve crises sentimentais facendo o Camiño de Santiago de Compostela.

Ao longo de seis días percorrendo Galicia vivirán todo tipo de aventuras e situacións do máis absurdas.

Finalizada a proxección, tocoulle a quenda á actuaciónde Cándido Duro Domínguez, poeta de Pontecesures que deu todo un recital. O escritor cesureño ten publicadas obras como Breixo. Monólogo dun traballador baixo a choiva, O xardín das matanzas, Só palabras como garabullos ou a súa última creación, publicada este ano e que leva por título Luz do abrente outonizo.

Indicar, finalmente, que o programa Sementeira no Camiño despídese con dúas últimas paradas o vindeiro sábado en Cesantes e o domingo na localidade de Tui. arca.

13 jun 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.