Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Sete traballos optan en Valga ao Premio Ferro Couselo de investigación

Presentáronse nas dúas modalidades: a de investigación galega e de estudos históricos

Valga. Un total de sete traballos optan a gañar a XXII edición do Premio de Investigación Xesús Ferro Couselo nas súas dúas modalidades. Son catro as investigacións que recibiu o Concello para a primeira modalidade do galrdón, dotada con 4.000 euros e referida a traballos de investigación de ámbito galego, dentro das especialidades de etnografía, paleografía, numismática, arqueoloxía, historia e historia da arte.

As bases do certame establecen que as obras, presentadas baixo pseudónimo, deben estar escritas en galego e ser inéditas, cunha extensión dun mínimo de 50 folios e un máximo de 300.

Á segunda modalidade pola que se convoca unha bolsa de estudos para proxectos centrados en estudos históricos, etnográficos ou sobre persoeiros do municipio de Valga, concorreron outros tres traballos. Neste caso os participantes tiñan que presentar un guión razonado detallando os obxectivos que pretenden acadar co seu proxecto, a metodoloxía a empregar e as distintas fases de realización. Esta bolsa está dotada con 3.000 euros. O 25 % desta cantidade entregarase unha vez fallado o premio e o 75 % restante ao remate do proxecto.

Os gañadores daranse a coñecer o 30 de xullo. s. e.

28 jun 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.