Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Valga abre a programación das Letras con monicreques

Valga. As bibliotecas municipais do concello pontevedrés de Valga teñen programadas varias actividades de artes escénicas para conmemorar o Día das Letras Galegas, e a primeira delas celebrarase o día 10 de maio na casa da cultura municipal a cargo da compañía Duende Sico.

Indicar que se trata dunha representación de monicreques titulada Elba e Marcos e os xoguetes encantados, dirixida a rapaces de entre tres e doce anos de idade e que terá unha duración aproximada de sesenta minutos.

Segundo explican os seus autores, Marcos e Elba, os protagonistas do espectáculo infantil, son dous cativos que non queren compartir os seus xoguetes, e iso non está ben, por iso os seus xogos e bonecos cobran vida para darlles unha lección.

APRENDIZAXE. Cancións, bromas, sustos, feitizos máxicos e moitas risas son os ingredientes para que Elba e Marcos e todos os nenos que asistan como público á función aprendan que todos os tipos de xoguetes, gustos ou afeccións caben nunha persoa, segundo explican os promotores desta proposta.

Cómpre sinalar que a actividade dará comezo ás 17.00 horas e a entrada é de balde, segundo o Concello. arca

04 may 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.