Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Valga conta cun servizo de atención para maiores e confinados

O Concello axuda a estas persoas a cubrir as súas necesidades básicas e urxentes

Valgar. O departamento de Benestar Social do Concello de Valga recorda que ten activo un servizo de atención a maiores que viven sós ou a persoas que se atopan en situación de confinamento domiciliario para axudalos a cubrir as súas necesidades básicas e urxentes en caso de que carezan de rede familiar de apoio. Os valgueses que se atopen nesta situación poden poñerse en contacto co Concello a través dos números 986 55 94 56 ou 659 06 37 14.

Ademais, se alguén coñece a algunha persoa maior que viva soa e que non teña o respaldo de familiares ou achegados pode comunicalo ao Concello nos mesmos teléfonos para ofrecerlle o apoio dos Servizos Sociais municipais. Ante o aumento de casos de COVID no municipio, o Concello volve a facer un chamamento á poboación para que cumpra as medidas e protocolos en vigor.

Lembran que Valga atópase en nivel máximo de restricións, o que implica que o municipio está pechado perimetralmente e só se pode saír para realizar actividades esenciais relacionadas con ámbitos laboral, educativo, sanitario e asistencial. Tamén está permitido desprazarse aos concellos limítrofes para adquirir produtos. O toque de queda está establecido ás 22.00 horas e os comercios poderán abrir ata as 21.30 cun aforo do 50%. No tocante á hostalería, non pode haber actividade no interior e só se permite o funcionamento de terrazas ata as 18.00 horas e pedidos para levar. As reunións están limitadas a catro persoas non convivintes. arca

19 ene 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.