Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Valga convoca o concurso do cartel da Festa da Anguía

Valga. O Concello de Valga convoca, un ano máis, un concurso artístico para elixir o cartel anunciador da XXXII Festa da Anguía e Mostra da Caña do País, unha celebración que está declarada de Interese Turístico de Galicia.

Ao certame, que repartirá 225 euros en premios (en tres de 100, 75 e 50), pode concorrer calquera veciño, tanto nenos como adultos, co único requisito de estar empadroado no concello. Teñen que presentar unha obra que faga referencia aos produtos postos en valor na festa, a anguía e a caña, ou a elementos que sexan esenciais nos procesos de obtención destes produtos.

Non se establecen limitacións de técnicas a empregar na elaboración das obras, pero si deben axustarse á medida A3 (297 x 420 mm.) e ter orientación vertical. Deben estar elaboradas sobre algún soporte bidimensional coma lenzo, cartolina, papel... Os orixinais levarán obrigatoriamente o escudo oficial do Concello e o texto “XXXII Festa da Anguía e Mostra da Caña do País. Agosto 23, 24, 29, 30 e 31”, e deben identificarse con un lema ou pseudónimo.

O prazo para presentarse ao concurso estará aberto ata o día 10 de agosto. Os participantes deben presentar no Concello a obra orixinal e un sobre pechado. arca

28 jul 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.