Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Valga e Pontecesures darán orientación ás persoas desempregadas

VALGA. Os concellos de Valga e Pontecesures veñen de asinar un convenio de colaboración para a prestación do servizo de orientación laboral a persoas demandantes de emprego. O Concello de Valga, como centro colaborador do Servizo Público de Emprego de Galicia, leva dende o ano 2011 realizando actividades de información, orientación e prospección de emprego, un servizo que grazas a este convenio se fai tamén extensible ao Concello de Pontecesures e aos seus veciños, co obxectivo sempre de mellorar as posibilidades de inserción laboral e de empregabilidade. Entre as accións que se ofrecen inclúen diagnóstico individualizado e elaboración do perfil ocupacional; deseño de itinerarios personalizados para o emprego e acompañamento no seu desenvolvemento, e deseño, planificación e execución de accións grupais de orientación. arca

01 oct 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.