Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Valga inaugurou unha mostra sobre os campos de refuxiados de Tinduf

VALGA. O auditorio de Valga inicia o ano 2022 estreando exposición da man de José Luis Rodríguez Ruza, afeccionado á fotografía que achega unha serie de imaxes tomadas nos campamentos de refuxiados saharauís de Tinduf (Arxelia) en 1991. Son fotografías que teñen máis de trinta anos de antigüidade. “Estiven tres veces en Tinduf e estas imaxes correspóndense coa segunda viaxe”. Hai retratos de nenos e persoas maiores. Non aparecen apenas homes adultos porque naquela época estaban no campo de batalla, salvo os gardas das vivendas (jaimas) que adoitaban ser militares retirados. Outras imaxes presentan os edificios administrativos centrais, o goberno, o centro de acollida de invitados e un cemiterio. Tamén se expoñen paisaxes e outros detalles sobre a vida nos campamentos. En total a colección está formada por 25 fotos, como lles explicou o autor ao alcalde, José María Bello Maneiro, e aos concelleiros Carmen Gómez, Pedro Calvo e Begoña Piñeiro, que acudiron ao auditorio a ver a mostra. A posibilidade de expoñer deuse cando José Luis Rodríguez leu na prensa unha reportaxe sobre outra mostra que acollía o edificio municipal e decidiu achegarse a Valga a visitala. Foi entón cando plantexou a opción de organizar a súa. s. e.

06 ene 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.