Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Valga promove a recuperación do Muíño do Xalleiro, ao pé da Ruta Xacobea

Valga. O Concello de Valga está a traballar a prol da recuperación dos elementos de interese patrimonial e cultural existentes no municipio con diferentes actuacións de posta en valor que están executándose nestes momentos. Unha delas desenvólvese nas telleiras de Vilar, pero tamén están en marcha as obras de recuperación do Muíño do Xalleiro, no lugar de Chenlo, unha antiga edificación de valor etnográfico situada ao pé do Camiño de Santiago e á beira do río Valga.

Na situación na que se atopaba, en estado semirruinoso e cuberto pola maleza e as árbores, o muíño pasaba ata o de agora completamente inadvertido para a multitude de peregrinos que transitan por esta Ruta Xacobea. O obxectivo da actuación que se está a executar é corrixir esa imaxe de abandono que ameaza a conservación deste ben e, ademais, afea a paisaxe da zona.

Os traballos comezaron pola limpeza do entorno e a eliminación da maleza e hedras que practicamente cubrían a edificación e céntranse agora no encintado dos muros de pedra. Tamén está prevista a colocación de pavimento en lousa de pedra, a instalación dunha nova cuberta de madeira de castaño e tella do país e a limpeza de todo o conxunto cunha hidrolimpadora para retirar os musgos e liques que se acumularon co paso do tempo. Esta actuación está subvencionada pola Xunta a través dunha liña de axudas para actuacións de mellora paisaxística no Camiño de Santiago. m. rendueles

07 oct 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.