Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Valga recibe alimentos para familias sen recursos

VALGA. O Concello de Valga vén de recibir sete lotes de alimentos doados polo Show dos Pallasos para a súa distribución entre outras tantas familias do municipio que teñen menores ao seu cargo e que se atopan en situación de vulnerabilidade. Os produtos foron entregados na casa consistorial por Elías Sanmarco, responsable do Show dos Pallasos e promotor desta iniciativa solidaria, á concelleira Carmen Gómez. Os lotes inclúen unha serie de produtos especialmente pensados para edulcorar o Nadal aos máis pequenos. Hai galletas, cacao en polvo, leite condensada, chocolate, marmelada, zume e froita en almíbar. Tamén hai en cada caixa mascarillas de protección ante a covid. Todos os produtos foron aportados pola empresa Indalsu. En total, o Show dos Pallasos repartiu nestas datas de Nadal noventa lotes de alimentos entre os municipios de Valga, Pontecesures e Padrón. No caso de Valga, os lotes serán distribuídos por Servizos Sociais do Concello entre familias sen recursos. m.a.

30 dic 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.