Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

A Estrada, Lalín, Silleda e Vila de Cruces contratarán a 19 parados

A Xunta financia con máis de 230.000 € aos traballadores, perceptores da Risga

Lalín. A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade, vai financiar a contratación de 23 traballadores temporais, entre persoas desempregadas en situación ou en risco de exclusión perceptoras da Risga, en seis concellos das bisbarras das Deza e Tabeirós-Terra de Montes cunha achega de 286.708 euros. Do total, algo máis de 230.000 euros correponden os concellos de A Estrada, Lalín, Silleda e Vila de Cruces, para contratar a dezanove traballadores en risco de exclusión.

O delegado territorial da Xunta na provincia de Pontevedra, Luis López, informou en Lalín desta nova concesión de traballadores a prol dos concellos, orientada a reforzar os servizos públicos municipais e a garantir a inclusión social destas persoas sen emprego, tras unha reunión celebrada no edificio administrativo de Campolongo na que analizou a resolución definitiva coa xefa territorial de Promoción do Emprego e Igualdade, Marta Mariño.

Os concellos de Lalín e A Estrada, con 10 e 5 traballadores, respectivamente, son os municipios máis beneficiados da zona e recibirán un apoio económico da Xunta de 112.844 euros e de 74.522 euros para sufragar os seus salarios. No caso de Silleda, a axuda outorgada é de 23.000 euros para contratar a dous traballadores, e no de Vila de Cruces, será de 27.600 euros para dous traballadores.

Indicar que todos os traballadores terán un contrato por espazo de nove meses e unha xornada do 75 % do réxime xeral. m rendueles

08 jun 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.