Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Adiado o comezo do curso de deseño de apps móbiles, do programa TIC Emprendes

A nova data prevista para o seu inicio é o mes de novembro // A iniciativa te como obxectivo mellorar a empregabilidade das persoas mozas que residan en localidades cun entorno rural

O Concello de Silleda sumouse o pasado verán ao programa TIC Emprendes, posto en marcha pola Deputación de Pontevedra e confinanciado polo Fondo Social Europeo. Unha iniciativa que ten como obxectivo mellorar a empregabilidade das persoas mozas que residan en localidades dun entorno rural.

No caso de Silleda realizarase un itinerario formativo sobre deseño de aplicacións móbiles, que estaba previsto se realizase entre o 5 de outubro e o 9 de novembro, en horario de mañá. Non obstante, debido á situación sociosanitaria actual, decidiuse aprazar esta acción formativa, sendo a data prevista de inicio o vindeiro mes de novembro. Celebrarase nas instalacións da Casa da Cultura de Silleda, con 15 participantes. Os asistentes recibirán asi mesmo unha beca de asistencia por 13,45 euros /día. As inscricións poden realizarse ata 15 días antes de que comece o curso na sede electrónica da Deputación de Pontevedra.

Para participar hai que ter entre 16 e 30 anos, estar inscrito/a no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil e non estar ocupadas nin integradas no sistema de educación ou formación.

Todas as persoas interesadas poden informarse no departamento de Xuventude do Concello de Silleda, chamando ao 986592037.

Durante este curso, cunha duración de 125 horarios, darase formación en aplicación móbiles para IOS e Android, abordando cuestións como recursos de deseño, inferface de usuario, arquitectura, desenvolvemento das apps, animacións, gráficos e multimedia, ou localización e sensores, entre outros.

Ademais deste módulo tamén se dará ás persoas participantes formación específica en materia de autoemprego ou creación de empresas.

Estas iniciativas enmarcanse –tamén– nas accións de empregabilidade entre a poboación máis nova que se están a deseñar dende o Concello de Silleda, con distintas iniciativas, tendo en conta a situación actual logo da crise da covid 19.

23 sep 2020 / 16:01
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.