Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Alumnado silledense e caldense, no certame de Regueifa

O concurso provincial divídese en obradoiros sobre improvisación oral en verso

Silleda/Caldas. Alumnos do IES Pintor Colmeiro de Silleda e do IES Aquis Celenis de Caldas de Reis están a participar no certame de Regueifa, que organiza Deputación de Pontevedra a través do seu departamento de Lingua e en colaboración coa Asociación Oral de Galicia. O certame conta coa participación de 41 centros de ensino secundario da provincia.

A iniciativa está dividida en diferentes obradoiros formativos arredor da improvisación oral en verso, nos que xa está a participar a rapazada, e nunha exhibición final na que as equipas dos diferentes institutos se retarán dialecticamente para gañar o certame.

Os obradoiros están dirixidos a alumnado da ESO e estanse a celebrar en dúas quendas. A primeira comezou o día 13 e finalizou o 19, e a segunda comezará o 25 de outubro e rematará o 5 de novembro. A demostración final, que terá lugar o 19 de novembro no auditorio do CVC de Valadares en Vigo, estará limitada a dez centros, clasificándose estes en base ao nivel do alumnado, a súa implicación e o número de persoas interesadas.

O obxectivo é o de traballar co alumnado as capacidades de improvisación a través da metodoloxía para a controversia tradicional en verso, un antecedente de manifestacións musicais actuais como é o rap. Trabállanse aspectos relacionados con conceptos poéticos, como a rima, o ritmo ou a métrica, introducindo a perspectiva respectuosa e igualitaria, pero tamén a ironía e o sentido do humor, así como a tradición. arca

22 oct 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.