Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Alumnos do obradoiro Foresta acondicionan o Paseo de Fontiñas

Realizan o desbroce manual da ribeira do río e cortan e limpan as ramas e árbores caídas

Lalín. O concelleiro de Emprego, Avelino Souto, avanzou que estes días os alumnos participantes no obradoiro de emprego Foresta Lalín III están a realizar traballos de acondicionamento do Paseo do Pontiñas que abranguen o desbroce manual da ribeira do río, o acondicionamento e corta de árbores caídas, poda de ramas baixas e chupóns nalgunhas arbores. Uns traballos que veñen de ser visitados polo edil xunto coa directora do obradoiro, e nos que puideron comprobar a súa boa evolución.

Souto explicou que durante este mes de xullo estanse a desenvolver os seguintes traballos no marco do Foresta III: o remate dos traballos na pista de Liñeiras-Portela en Zobra, iniciados a mediados do mes de maio, Souto dixo que o alumnado realizou o desbroce manual con motorozadora de camiños, cunetas e taludes; poda das ramas que invaden as pistas; limpeza de taxeas, colocación de tubos de drenaxe e realización de bocas en pedra.

Co respecto aos montes veciñais en man común de Bermés, tamén arrincaron os traballos de desbroce manual na contorna das rochas existentes, concretamente na Pena Cabalada, que se atopa actualmente rodeada de matorral, co fin de evitar que sexan deterioradas por un potencial incendio, e realizar a apertura de sendeiro de acceso. arca

28 jun 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.