Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Aproveitan as rebaixas para fomentar o galego no comercio silledense

Silleda. Dende o Concello de Silleda veñen realizándose actividades de fomento e promoción do uso do galego, e este ano, coincidindo unha vez máis coa tempada de rebaixas de verán, volve activarse esta iniciativa dirixida a todos os comercios. “Entendemos que o fomento da utilización da lingua depende de múltiples axentes que deben traballar cun mesmo obxetivo. Dende este departamento preténdese a posta en marcha de iniciativas que se sumen ás impulsadas por outros intermediarios nas distintas esferas da vida social do noso municipio”, indica a concelleira de Normalización Lingüística, Ángela Troitiño. Así, dende este mes activase a campaña Rebaixas en galego, co deseño, edición e impresión dos carteis informativos para a súa colocación nas vidrieiras, de cara a evitar a publicidade en castelán nos escaparates da rúa. s. e.

05 jul 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.