Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Arrancan en Silleda as cinco competicións do mundo equino

Silleda. Equina Galicia 2021, organizado pola Asociación de Criadores de Cabalos Españois de Galicia (Accega) coa colaboración da Fundación Semana Verde de Galicia, abriu este venres na Feira Internacional de Galicia Abanca tres días de actividade nos que se disputarán cinco importantes competicións.

O evento foi inaugurado polo xefe territorial da Consellería do Medio Rural en Pontevedra, Antonio Crespo, quen trasladou o desexo da Xunta de que estes tres días sexan moi produtivos, un éxito para a organización e os participantes.

O VII Campionato de España Pura Raza Española-Ancce de Galicia, Equina 2021, acolle este sábado tres competicións de doma clásica e conta esta vez con récord de participación, ao estar rexistrados 63 binomios de distintos puntos de España. Os concursos son a XXIII Copa Accega, o Territorial e o III Trofeo Xunta de Galicia de Doma Clásica. arca

31 jul 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.