Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

As probas para a contratación de dúas operarias de limpeza en edificios públicos serán o luns

Realizaránse no pavillón municipal César G.Fares e son cincuenta as persoas admitidas no proceso de selección

Hoxe publicouse a resolución ca listaxe definitiva de persoas admitidas e excluidas no proceso de selección para contratar a dúas persoas como operarias de limpeza en edificios públicos do Concello de Silleda, en réxime de interinidade e a creación dunha bolsa de emprego, logo de que rematara o prazo de subsanación posterior á publicación da lista provisional.

No listado figuran un total de 50 persoas admitidas no proceso. Na mesma resolución, que se pode consultar na web municipal e no taboleiro de anuncios (tanto no do Concello como no da Sede Electrónica), fíxase a data do exame para o vindeiro luns día 28 ás 10:00 horas.

As probas realizaranse por cuestión de espazo no pavillón municipal César G. Fares, adoptando todas as medidas de prevención fronte á Covid-19. Así, tomarase a temperatura a todas as persoas aspirantes, haberá un circuito de entrada e saída e as mesas contarán con separación dabondo.

As persoas que non dispoñan do certificado Celga 2, deberán realizar a maiores unha proba de galego que terá lugar ás 12:00 horas.

22 sep 2020 / 16:57
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.