Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Augas executa a limpeza dos treitos de ríos o seu paso por Vila de Cruces

VILA DE CRUCES. A Xunta, a través de Augas de Galicia, está a executar actuacións de conservación e limpeza nos treitos interurbanos dos ríos Beuvas, Añobre, Frontilleiro, e outros tres innominados, no concello de Vila de Cruces. Os traballos execútanse en distintos tramos dos ríos, ao longo de máis de 3 quilómetros, coincidindo co seu percorrido por distintas parroquias do municipio. As tarefas céntranse na retirada de árbores e pólas caídas na canle para evitar atoamentos. Unha vez finalizadas estas actuacións, os ríos quedarán despexados de maleza, posibilitando así a circulación fluída das augas. Augas desenvolve estas accións no marco do programa de mantemento, conservación e mellora do dominio público hidráulico das bacías de Galicia-Costa, no ámbito territorial Galicia-centro e nas súas zonas de acceso e protección. arca

04 jul 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.