Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Casa do Patrón celebra hoxe unha demostración do proceso do liño

Será no recinto exterior do Museo, en Lalín, a partir das 16.00 horas e co aforo limitado

Lalín. O Museo Etnográfico Casa do Patrón, ubicado na localidade de Doade, en Lalín, celebra, hoxe sábado, día 26 de setembro, unha nova demostración do proceso de elaboración do liño e do tecido no telar. Trátase da edición número 12 desta actividade que se desenvolverá no recinto exterior privado da entidade, respectando tódalas medidas sanitarias vixentes como consecuencia da pandemia da covid-19: aforo limitado, control de temperatura, mascarillas, distanciamento social ou medidas hixiénicas, entre outras.

A demostración farase seguindo todas as fases: espadelado, restrelado e fiado ao xeito tradicional. Ademáis terán unha exposición de roupa de liño que permanecerá no museo ata o día 4 de outubro. Tamén actuarán o grupo de gaitas Os Trasnos e Manoele de Felisa.

Indicar que esta iniciativa forma parte das accións do Plan de Reactivación dos sectores turístico e cultural da Consellería de Cultura e Turismo, fronte aos efectos da covid-19 para a creación do Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 2021”, suliñan desde a organización. s. e.

26 sep 2020 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.