Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Concello e comerciantes lalinenes acordan crear un grupo de traballo

lalín. O alcalde de Lalín, José Crespo, e a concelleira de Comercio celebraron, na tarde-noite do martes, un encontro cunha nutrida representación de comerciantes para abordar as axudas que o Concello destinará para este sector, que viu reducido o seu nivel de vendas coa pandemia. Un plan que Crespo explicou que será complementario ás liñas de axudas que presten outras administracións pois ante esta situación excepcional requírese o esforzo de todas as administracións para tentar axudarlles a paliar os efectos da crise. No encontro acordouse a creación dun grupo de traballo conformado por seis representantes do sector, e tamén polo alcalde e pola concelleira, para gañar en operatividade de cara a traballar xa na elaboración dun borrador de bases de axudas, para o que celebrarán unha nova reunión para a vindeira semana. arca

19 nov 2020 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.