Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Iluminación de última xeración para as parroquias lalinenses de Sello e Bermés

Lalín. O concelleiro de Obras de Lalín, José Cuñarro, anunciou que a pasada semana, despois de superado o proceso de probas que tiña fixada a empresa adxudicataria do contrato do IDAE, comezou o cambio de lámpadas e luminarias do alumeado público do Concello de Lalín.

En concreto, con estes traballos estanse a cambiar tanto as lámpadas como as luminarias, as carcasas que serven a modo de protección para dita bombilla e de reflectoras da luz que emiten as mesmas no caso das farolas de báculo. No caso das farolas de brazo, aquelas que contan cun brazo cravado ou suxeito a fachadas, tamén se procederá ao cambio de dito brazo.

Por decisión da empresa, atendendo a criterios de prioridade na reposición do alumeado por atoparse en peores condicións, estes traballos de cambios de luminarias, lámpadas e brazos –no caso de ser dese modelo–, comezaron estes traballos polo alumeado das parroquias de Sello e de Bermés.

Nestas dúas parroquias están moi avanzados os traballos que poderían quedar todos os núcleos co novo alumeado xa na vindeira semana. O edil de Obras lalinense indicou que os novos elementos de iluminación “son de tecnoloxía led de baixo consumo e de alta eficiencia, co que aportan un importante incremento na cantidade de luz que se producirá tanto por ser lámpadas novas como polo feito de que se incrementa a cantidade de lúmens das bombillas pese á redución do consumo”. m.b.

28 dic 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.