Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h
A patronal AEB falla o concurso e premia os cinco mellores // Presentáronse 160 fotos e 40 decorarán con vinilos TEXTO S. E.

Imaxes que van embelecer locais baleiros de Lalín

O xurado do concurso de fotografía convocado pola Asociación de Empresarios de Deza (AED), organizado para decorar e embelecer os escaparates de locais valeiros de Lalín resolveu, tras avaliar as preto de 160 imaxes presentadas polos dezanove participantes, premiar a David Iglesias Mato, José Manuel Fernández Taboada, Miguel Souto Alonso, Javier Lalín Valcárcel e Daniel Seijas Otero, segundo a información facilitada pola patronal.

Cada un destes cinco autores recibirá un vale de compra por importe de 200 euros para gastar nos establecementos comerciais e de hostalaría afiliados á AED.

Entre todos eles presentaron un total den corenta imaxes, maioritariamente sobre paisaxes rurais, entre as que a patronal dezana realizará unha escolma para seleccionar as que se empregarán para decorar con vinilos os escaparates de establecementos comerciais baleiros nas rúas máis céntricas da capital dezana, indican as fontes.

CREATIVIDADE. Tras felicitar aos gañadores, o presidente da AED, Antonio Lamas, resaltou a “notable participación” nesta iniciativa, se ben lamentou que varios concursantes “con fotografías moi vistosas desde o punto de vista creativo” tiveran que ser descualificados ao non cumprir co criterio mínimo da resolución das imaxes que se establecía nas bases. “Era un requisito imprescindible, posto que as imaxes vanse utilizar para ilustrar escaparates con formatos bastante amplos”, explicou o responsable.

Ao respecto, Antonio Lamas anticipou que “a vontade da AED é que os vinilos estean instalados antes do Nadal para contribuír a mellorar a imaxe do pobo, pero non só durante estas festas, senón tamén despois”.

30 nov 2020 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.