Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 20 julio 2024
09:49
h

Inminente posta en marcha da fibra óptica en Silleda

Nunha primeira fase levarase á zona urbana e na segunda atenderanse á maioría de aldeas // A sociedade Rede Aberta encárgase das obras

Arrancan os traballos de instalación de fibra óptica no municipio silledense, incluíndo a localidade de A Bandeira. A sociedade mercantil Rede Aberta, con sede en Santiago de Compostela, acaba de iniciar os traballos de instalación da fibra de alta calidade. A nova infraestrutura realizarase en dúas fases: na primeira levarase a rede á zona urbana e, nunha segunda, estenderase á maioría de parroquias e aldeas.

Está previsto que as obras estean finalizadas no mes de marzo, de tal forma que na primavera tanto os veciños como os negocios e industrias xa poderán contratar este servizo de altas prestacións.

Rede Aberta é unha infraestrutura neutra que poden utilizar todos os operadores que o desexen en igualdade de condicións. Nesta nova actuación da empresa distribuidora, levarase Internet a 2.900 fogares, instalando 51 quilómetros de cable e 299 caixas de servizo. O presidente da compañía, Manuel Pazo, destaca que se colocarán equipos de última xeración, “que garanten velocidades de ata un xiga”, segundo precisa. “Hoxe é imposible traballar no campo en calquera ámbito agropecuario se non o dotamos de servizos tecnolóxicos de primeiro nivel, exactamente igual que nas cidades e núcleos urbanos. Por suposto, toda industria ubicada no medio rural tamén precisa de banda larga e Internet de calidade. Agora que tanto se fala pola COVID de volver ao medio rural, cómpre aproveitar a oportunidade”, destaca o presidente Pazo.

Rede Aberta naceu co obxecto de levar a fibra ao rural galego para uso residencial e empresarial naqueles territorios que carecen dela. Queren chegar a 400.000 fogares en catro anos.

13 feb 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.