Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Lalín crea unha brigada para a desinfección dos centros de Primaria

lalín. O alcalde de Lalín, José Crespo, visitou onte os tres centros de Primaria do casco urbano de Lalín onde estivo axustando a coordinación dos accesos dos alumnos ao centro cos responsables da Policía Local e de Emerxencias Lalín para que a chegada e as saídas dos nenos “se fagan do xeito máis ordenado e respectando as recomendacións das autoridades sanitarias”. O rexedor aproveitou as visitas para anunciarlles aos directores dos centros do casco urbano e do rural “a creación dunha brigada de desinfección municipal que se encargará todos os días pola tarde, cando xa non haxa rapaces nos centros, de desinfectar os patios e os elementos comúns que máis

tocan os nenos”. Crespo visitou os centros con José Cuñarro Torres, concelleiro de Obras, cos dous traballadores que conformarán a brigada e con técnicos da empresa lProquideza, especializada en temas relacionados coa desinfección e na elaboración de produtos químicos. Unha vez elixido o produto, que os técnicos da empresa escolleron “pola súa alta eficacia, pola baixa corrosividade e por ser o idóneo para utilizar en lugares onde os nenos xogan e se moven”, o alcalde acordou cos responsables dos centros que a desinfección se fará diariamente. arca

15 sep 2020 / 00:15
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.