Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Lalín instalou na vila dous novos porquiños, o peregrino e o castrexo

Están preto da Praza da Igrexa e súmanse as otros catro estreados este mismo ano

Lalín. O Concello de Lalín colocou onte dous novos porquiños do Cocido: un porquiño peregrino e un porquiño castrexo que se instalaron en dous emprazamentos destacados do casco urbano.

Trátanse de dous porcos de nova creación que se suman a outros catro novos que estreamos este ano e que son: os tres que se instalaron recentemente na praza de Galicia como parte do mobiliario urbano (porco-maceteiro, porco banco e porco cun oco no seu interior) e o porco de Loriga que reproduce o percorrido do raid Madrid-Manila, que se presentou con motivo dos actos do 125 aniversario do insigne aviador, e que estes días loce no exteriores do Pazo de Liñares.

Estes seis porcos de nova creación súmanse a piara de porquiños habituais do Cocido que desde o pasado 14 de xaneiro se atopan nas distintas rúas de Lalín.

A concelleira de Turismo, e Cultura, Begoña Blanco, participou na instalación esta mañá dos porcos peregrino no entorno da praza da Igrexa xunto con dous representantes da Asociación do Camiño de Inverno, así como do porco castrexo en compañía de dous integrantes da Casa Museo do Patrón.

Begoña Blanco explica que o porco peregrino ten representando o sinal do Camiño e tamén o percorrido das dúas rutas xacobeas lalinenses (Camiño de Inverno e Vía da Prata) e a condición de Lalín como cruce de Camiños.

En canto ao porquiño castrexo indica que está customizado cunha réplica dunha peza de cerámica atopada no castro de Doade (das máis de 21 mil que dispón a Casa Museo do Patrón) e con el trátase de poñer en valor o alto potencial castrexo que temos, subliña Begoña Blanco.

Por outra banda, desde o Concello de Lalín estase a facer un chamamento, ante a suba de casos positivos, para que suspendan as grandes comidas familiares do cocido e para que tampouco participen en festas relacionadas co Entroido. s. e.

23 ene 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.