Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Lalín recolle a fin de semana material humanitario para Ucraína

É un dos concellos que xa a amosou a súa disposición a acoller refuxiados daquel país

Lalín. Desde onte e durante este domingo o Concello de Lalín está a recoller material humanitario para Ucraína. O dispositivo está coordinado polo alcalde, José Crespo, a concelleira de Política Social e tenente alcalde, Paz Pérez, persoal de Servizos Sociais e voluntarios de Carabelo, O Mencer e o Desván Municipal. Lalín é un dos concellos que amosou a súa disposición a acoller refuxiados ucraínos no municipio lalinense. Así mesmo tamén se conta coa colaboración de Recycling, Cáritas e Cruz Vermella neste operativo.

A recollida de material para Ucraína está sendo coordinada por Protección Civil e polo voluntariado dos colectivos, encargándose tamén da posterior clasificación. Todos os lalinenses que desexen colaborar poden facer as súas achegas materiais no almacén habilitado ao lado do pavillón vello, situado diante de onde estaba antigamente a radio municipal.

Ademais, as persoas que desexen realizar aportacións económicas poden facelo na conta da asociación O Mencer ES16 0049 4989 1824 9552 3674 facendo constar no concepto “Axuda Ucraína”.

Así mesmo o goberno municipal fixo un chamamento a todos aqueles lalinenses que desexen acoller refuxiados nas súas casas ou que desexen achegar vivendas ou casas baleiras que teñan dispoñibles e amobladas para acoller refuxiados, para que participasen nunha reunión de coordinación que tivo lugar este sábado, 5 de marzo, na sala de prensa da casa consistorial. m. rendueles

06 mar 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.