Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Lalín retoma os Cantos de Taberna que vánse celebrar nos bares todos os venres de outubro

Lalín. A concelleira de Cultura Begoña Blanco presentou este mércores os Cantos de Taberna que se desenrolarán durante todos os venres de outubro nos bares de Lalín que

desexaron participar. En liña con isto destacou que “despois de dous anos de parón por mor da pandemia durante os cales non puido ser posible facer esta actividade, xa tiñamos ganas de retomar os Cantos de Taberna. Esta actividade está conformada por todos os grupos de pandeiretas e gaiteiros de Lalín. ´

Trátase dunha proposta que reivindica o carácter social e lúdico das agrupacións de música tradicional, polo que as súas actuacións non terán un tempo fixado, senón que deixaranse levar polo ambiente. Os cantos comenzarán o día 2 na Avda Luis González Taboada cos Varacuncas e Ponte de Prata. A seguinte sesión será o día 14 de outubro na Praza da Igrexa, coa Brincadeira de Carbia e os Xuncos. A continuación, será o momento para a Marina e as rúas B e C, e actuarán os Trasnos de Doade, Repenicando e A Carballeira de Cercio. Na última fin de semana será nos Viños, e estarán Ailola, Os Dezas de Moneixas e Carballo de Manteiga”. arca

22 sep 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.